Premio "Petiscos de Ciencia" para Raquel e Irene

por - 8.6.22

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o I Concurso universitario de vídeos sobre ciencia en galego "Petiscos de ciencia", cos obxectivos de transmitir a idea de que o coñecemento científico é fundamental para o mantemento e o desenvolvemento da humanidade e conectar a universidade e o coñecemento científico coas novas xeracións.

As nosas alumnas Irene e Raquel González Calvo, coordinadas pola profesora María Xosé Mato, veñen de acadar o 1º premio no concurso, co seu vídeo "O Saturnismo".

De novo, moitos parabéns!



You May Also Like

0 comentarios


---