No pasado mes de setembro, o antigo noso alumno Brais Otero Lema acadou o premio extraordiario de bacharelato do curso 2021-22. Sentímonos moi orgullosos de ter tido a Brais como alumno noso e enviámoslle os nosos parabéns.
Judith Fernández Novoa, Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa fíxonos chegar as palabras de agradecemento que a continuación recollemos:
"Transmítolle con satisfacción os meus parabéns polo feito de que Brais Otero Lema, alumno do centro que vostede dirixe, acadase un dos premio extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022, concedidos pola Orde do 27 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 7 de outubro).
Este premio, que valora o esforzo que Brais realizou no transcurso dos seus estudos de bacharelato, foi posible polo traballo conxunto de toda a comunidade educativa, con especial mención á súa familia e aos equipos docentes que o alumno tivo na súa traxectoria educativa
Gustaríame que a miña felicitación e a dos membros do tribunal as fixese extensivas ao claustro de profesorado Este galardón reflicte o bo traballo desenvolvido e afianza a excelencia académica facéndoa compatible coa necesaria equidade educativa."
A concesión do premio aparece neste artigo de La Opinión de A Coruña.
0 comentarios