Este ano participamos na convocatoria de clubs de ciencias da Consellería de Educación e contamos cun flamante Club de Ciencias, coordinado pola profesora do Departamento de Física e Química, Liliana, e a colaboración de profesorado de diferentes departamentos.
Grazas a eles e a todo o alumnado participante, puidemos gozar da árbore de nadal feita de poliedros que adornou a entrada do centro en decembro. Tamén realizamos figuras xeodésicas como as que podedes ver nas imaxes. En xaneiro asistimos a unha charla sobre astronomía que rematou unha actividade de observación astronómica na contorna do instituto acompañada de chocolate quentiño
Invitámosvos a que sigades todas as actividades que organizan a través da súa conta de Instagram.
0 comentarios