DE NOVO, ÉXITO ROTUNDO DO ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE ADORMIDERAS NA OLIMPÍADA DE FÍSICA!

por - 17.3.23



As alumnas Sofía San Miguel Monterroso e Ana Amigo Ribet, alumnas de 2º de bacharelato do IES Plurilingüe Adormideras, foron seleccionas para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física deste ano 2023, despois de celebrarse a fase autonómica organizada polas Universidades galegas o pasado venres 3 de marzo. Nesta dura proba, Sofía acadou o primeiro posto e Ana o terceiro. Ademais, a alumna Nuria García Medina conseguiu quedar ás portas de dita selección.

Con este resultado, o noso instituto consegue ser o único en Galicia con dous representantes na selección galega!

O éxito acadado polo noso instituto é maior se cabe se temos en conta que nos últimos seis anos seis dos nosos estudantes clasificáronse para dito certame nacional e ademais dous deles obtiveron finalmente en dita proba unha medalla de prata (no ano 2017) e outra de bronce o pasado ano. Neste 2023 imos a polo ouro e a pola clasificación para o certame internacional en Xapón!

Parabéns para as alumnas e ao seu profesor de Física, Antonio Jesús García Bastida, por este gran éxito, e moitos ánimos para a dura proba que lles espera!


You May Also Like

0 comentarios


---