O novo mural da cafetería: un Matisse

por - 4.4.11


Atópase instalado un novo mural na cafetería do IES Adormideras. Trátase dunha obra feita en Taller Artístico hai dous cursos, que por fin ve a luz. Inspírase na obra orixinal de Matisse, Peces vermellos (1912), que se atopa no Museo Pushkin de Moscova. Podedes comparala coa nosa versión.
Destaca polo seu intenso cromatismo vermello, en contraste cos verdes das plantas que o rodean. Tamén é suliñable a aparición doble dos pececiños: na visión directa polo lateral da peceira e como reflexo na superficie. Fixádevos tamén no orixinal remate superior da obra, en ondas. É un belo bodegón fauve, moi na liña das estampas xaponesas.
Unha bonita homenaxe a un artista clave da pintura contemporánea e unha obra que enriquece os nosos pobres muros.

You May Also Like

0 comentarios


---