Sara Dono, de record en record

por - 5.5.11

Xa informáramos anteriormente dos triunfos desta atleta do levantamento de peso, pero a cousa non quedou aí.
Nunha recente competición de halterofilia, a nosa alumna Sara bateu ata dez records de Galicia.

Por outra banda, no campionato de España junior celebrado  o día 30 de abril no Polideportivo de Los Rosales (A Coruña), Sara tivo unha destacada actuación que podedes ver nas fotos.

Competiu na segunda tanda, e obtivo tres medallas de bronce:
- Na modalidade de arrancada (45 kg).
- Na modalidade de dous tempos (60 kg.)
- En total olímpico (105 kg.)

Da competición informa La Opinión, coa foto de Sara, aínda que non fale dela no texto.
Noraboa,e adiante.

You May Also Like

0 comentarios


---