As Vacacións de Nadal

por - 24.1.07


Vivencias de dous alumnos que cursan un PDC en 3º de ESO

Ali, procede de Bulgaria e Marta de República Dominicana.

Hoxe tratamos en clase o tema dos pasados festexos do Nadal con Marta e Alí.

Marta é unha alumna procedente de República Dominicana, moi faladora e extrovertida, durante esas festas reuníronse coa súa familia formada por oito personas nun piso dun familiar e prepararon menús a base de ensaladas de distintos tipos e carne de porco; xa que no seu país é tradición asar un porco lentamente, durante toda a noite. De sobremesa é típico tomar uvas e mazás. Os zumes naturais de piña e laranxa soen ser as bebidas máis comúns nun país tropical como é o seu. Despois das doce campás saíron a felicitar o novo ano aos seus familiares e reuníronse todos nunha cafetería a bailar e cantar. Seguen a tradición de entregar os agasallos polo Papá Noel e tamén polos Reis Magos.

No que respecta a Alí, que este ano está iniciándose no estudio do idioma galego, este rapaz ten 15 anos e sempre está moi atento en clase. Despois de escoitar os nosos costumes cóntanos cales son os de o seu país, dí que en Bulgaria os agasallos trainos Papá Noel e toman cabrito, tarta e xeados. Nestas vacacións gustoulle ver a Cabalgata dos Reis Magos e despois, ao final, presenciar os foguetes artificiais.
A súa familia está formada por catro membros: os seus pais e un irmán.

En ámbolos dous casos puidimos comprobar que a tradición española de tomar as uvas está moi extendida noutros países e seguírona estas dúas familias nos seus respectivos fogares ao son das doce campás para recibir o ANO 2007, brindar con champaña e dende aquí Ali e Marta queren agora desexar FELIZ ANO NOVO a tódolos profesores, profesoras, alumnos e alumnas do IES Adormideras.

You May Also Like

0 comentarios


---