Axudas para estudiar idiomas no extranxeiro

por - 26.3.07

Convocatoria de 1.000 axudas dirixidas ao alumnado da ESO en Galicia para realizar actividades de formación no estranxeiro durante o curso 2006/2007.

As actividades de formación desta convocatoria da Xunta teñen como obxecto mellorar a competencia no uso de linguas estranxeiras, inglés e francés, do alumnado desta comunidade autónoma mediante estadías cunha duración de tres semanas, que se desenvolverán desde finais de xuño e nos meses de xullo e agosto no Reino Unido, Irlanda e Francia.

Todos os gastos da viaxe, docencia, estadía e actividades complementarias serán financiados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agás a cantidade de 100 €, que será aboada pola familia unha vez feita a selección de estudiantes.

Se están interesados nestas axudas, dispoñen dunha copia da orde na conserxería do instituto ou na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde poderán atopar tamén a solicitude e formularios on-line.
Publicáronse tamén 500 axudas de 1.100 euros, polo mesmo motivo, para os alumnos/as de bacharelato loxse. Pódese acceder a elas desde http://www.edu.xunta.es/axudasle.

You May Also Like

0 comentarios


---