Enquisa de hábitos lectores

por - 20.2.08

VALORACIÓN DA ENQUISA DE HÁBITOS LECTORES

Segundo o último informe PISA da OCDE un 21 % dos estudiantes de sencundaria de España non alcanza un nivel básico de lectura e comprensión de textos escritos. Por outro lado, segundo unha enquisa nacional de 2003 sobre hábitos lectores, o tempo que dedican os nenos a ler empeza a descender a partir dos 10 anos ata alcanzar a frecuencia mínima aos 16 anos. Por iso é necesario programar un plan lector de centro para potenciar a lectura. Comenzamos cunha enquisa para fixar o estado da cuestión no noso instituto. Desta enquisa sobre a lectura desenvolvida nestes días no IES Adormideras poden extraerse algunhas interesantes conclusións:

  • Menos da metade das familias dos nosos alumnos mercan o diario todos os días. Este é un dato que necesita mellorar porque o nivel de difusión do diario é un bo indicador do nivel cultural dun pais.
  • En relación coa parte do diario que é lida con máis atención, parece que se confirma o estereotipo de que os deportes son cousa de chicos, mentres as chicas atenden as noticias locais. Por outra banda, a política non interesa a case ninguén, un dato que podería cambiar de terse feita a enquisa en período electoral.
  • Canto ao lido no último mes, declaran no ter lido nada cerca do 30 % dos varóns e tan só un 9% das mozas. A novela é a lectura preferida seguida das revistas xuvenís; tamén temos entre as alumnas algunhas lectoras de poesía.
  • A actividade preferida é, a partir de 3º de Eso, saír cos amigos. Os cativos prefiren facer deporte. Sorprende o pouco interese en ver TV, que aparece como menos interesante que ler. Coido que se preguntáramos a que dedican máis tempo, se a ler ou a ver TV, a resposta tería un sentido diferente.
  • Preto do 75 % len por iniciativa propia, o que parece un dato alentador.
    Este é un dato coherente co número dos que declaran non ter lido no último ano ningún libro que non fora mandado en clase.Hai que salientar en todo caso, que o peor dato é dos alumnos de bacharelato; será que teñen a obriga de ler moitos libros.
  • Algúns dos libros máis citados como preferidos polos alumnos foron títulos moi publicitados como Harry Potter ou El código Da Vinci, ou clásicos como El señor de los anillos e outros expresamente dirixidos a un público xuvenil como Crónicas de Narnia ou Memorias de Idhún.
  • É impactante o feito de que a gran maioría dos alumnos (91%) prefiren ler en castelán que en galego. Claramente, non estamos conseguindo a normalización do uso da lingua galega. Haberá que facer unha análise detallada da situación para mellorar ese dato.
  • Tamén destaca o escaso uso da biblioteca tanto para consultar libros como para collelos en préstamo. A biblioteca é o centro da información do instituto e sen embargo, está moi pouco aproveitada. Temos que traballar desde todos os departamentos para que a biblioteca xogue un papel máis importante que o de mero almacén de libros. Todo o profesorado debe comprometerse neste proxecto.

    O Bibliotecario

    http://centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/traballosalumnos/estadistica/lectura.pdf

You May Also Like

1 comentarios

  1. moito traballou Sandra Blanco de 2º Bach... e a súa profesora de Estatística

    ResponderEliminar


---