AS MULLERES SEMPRE TRABALLARON

por - 4.3.08


No Instituto Adormideras inaugurouse unha exposición baixo o título " As mulleres sempre traballaron", pódese ver na sala de exposicións do Centro. É un percorrido do importante papel desenvolvido pola muller ao longo da historia realizado pola profesora Maribel Martín e alumnas de 2º de bacharelato.

PRESENTACIÓN
Esta exposición é o resultado dun proxecto xurdido na aula de Historia pola pregunta das alumnas: "¿En que traballaban as mulleres?". "¿Que facían?".

Ese proxecto concretouse nesta exposición "AS MULLERES SEMPRE TRABALLARON". A súa preparación levou máis de dous trimestres do curso pasado e pretende mostrar coas fotografías a evolución histórica que seguiu o traballo das mulleres.

As imaxes foron recollidas nos libros da Biblioteca do propio Instituto, no Museo de Belas Artes e nalgunha colección particular. O que pretendiamos é que a información non nos levase fóra do ámbito escolar e non nos fixese distraer tempo para outras materias.

Salientar que a maior parte das imaxes procuramos que fosen do noso entorno (España, Galicia, A Coruña), tomándoas como mostra do que poderían facer as mulleres en calquera lugar.

Somos conscientes de que non están representados todos os traballos pero sí que os expostos poden dar idea de cal foi a contribución das mulleres, interesadamente oculta, á evolución da humanidade.

You May Also Like

1 comentarios

  1. Anímovos a ver esta exposición. Francamente é moi interesante. Iniciativas como esta son as que fan falta.

    ResponderEliminar


---