O sábado 21 de maio, celebrouse a festa de graduación de 2º de Bacharelato 2010-11 no IES Adormideras.
Ante o gran éxito das últimas convocatorias tivemos que celebrar dúas sesións do acto, para dar cabida a todolos alumnos, e familiares que desexaban participar.
Comenzou a sesión coa foto das escaleiras de entrada de tódolos alumnos e profesores, da que se fixo eco La Voz de Galicia na súa edición do domingo.
Como sempre, Mª Luisa García (vicedirectora) responsabilizouse da organización do evento, coa gran coulaboración de moitos alumnos e profesores.
No Salón de Actos houbo discursiños da directora, do profesor Varasa e dos alumnos representantes dos catro grupos. despois, a entrega da orla de cada grupo e outros recordos a cada alumno.
Posteriormente, unha montaxe con fotos do alumnado de nenos e actuais, que fixo as ledicias dos asistentes, acompañada dunha canción (Aleluia).
Para terminar, unha performance que representaba simbolicamente en catro actos, a evolución dos sentimentos de alumnas e alumnos no seu paso polo instituto.
Finalizado o acto, o alumnado invitou a unha merenda a todos os presentes, á vez que se inauguraba unha exposición de traballos artísticos dos rapaces.
Máis tarde, a festa continuaría coa cea no Casino e sesión de discoteca ata a madrugada.
Podedes ver as fotos da xornada, a meirande parte (as boas) feitas por Tamara García Dopico.
0 comentarios