La Voz de la Escuela en Adormideras

por - 14.10.11

Un curso máis, dez profesores do IES Adormideras cos seus alumnos participan no programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia. Deste xeito, practicamente todo o alumnado do Instituto dispón algún día da semana dun exemplar do periódico para traballar con el dende diversas perspectivas pedagóxicas e, tamén, para achegarse ao pracer da lectura da prensa diaria.

Este programa enmárcase na longa traxectoria do suplemento educativo LA VOZ DE LA ESCUELA de  La Voz de Galicia, que cumpre o seu número 1.000, e que celebrou o seu primeiro milenario cunha presentación especial, á que asistiron diversos profesores deste Instituto.

Dende aquí queremos felicitar a todo o equipo que fai posible esta iniciativa didáctica e dexesarlles que fagan moitos milenios máis.


You May Also Like

0 comentarios


---