Unha nova aula: informática 3

por - 12.10.11

Está xa en uso unha nova aula de informática con 16 postos, que esperamos ampliar a 20 proximamente. É a chamada Informática 3, que aproveita o espacio cedido xenerosamente polo Departamento de Lingua Galega.

Coa dotación desta nova aula de informática no segundo piso temos xa catro aulas totalmente informatizadas e conectadas por canle a Internet ao servicio das clases que o necesiten. Supón un esforzo importante de modernización levado a cabo polo IES Adormideras cos seus proprios medios, sen recibir apoio da Consellerería de Educación.

En total hai a disposición do alumnado uns 100 postos, coa seguinte distribución:
- Informática-1: 28 postos (primeira planta).
- Informática-2: 20 postos (Cultura audiovisual, segundo andar).
- Informática-3: 16 postos (segundo andar).
- Informática-4: 12 postos (dotada gracias a un programa europeo levado a cabo polo Departamento de Inglés, terceiro andar).
- Outras aulas e biblioteca: 14 ordenadores.

O resultado é unha ratio tres alumnos por equipo (3/1), moi superior ás dotacións medias dos centros de ensino españois, nos que segundo un estudio habería sete alumnos por ordenador (2009).

Agora, a aproveitalos.

You May Also Like

0 comentarios


---