Contra o maltrato nas relacións de xénero

por - 14.12.11


O día 24 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a unha xornada para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, acompañados dos profesores Carolina, Garrote, Rosa e Laura Molina.

Asistiron en Expocoruña a unha obra teatralizada, "Os contos que nos contan", no que se abordou a cuestión da transmisión dos modelos de relación interpersoal e as súas consecuencias no comportamento de mozos e mozas.

Para finalizar, o grupo Chévere amenizou a función con música e teatro.

Deste xeito, continúase a labor emprendida xa outros cursos a traverso dos obradoiros de educación afectivo-sexual desenvoltos no propio centro.

You May Also Like

0 comentarios


---