Visita á exposición EXIPTO E MESOPOTAMIA

por - 18.12.11


Visita cultural á exposición da obra social Caixa Galicia, EXIPTO E MESOPOTAMIA
Marta Lado Díaz, 1ºA ESO
Cando chegamos esperamos un pouco pero pronto chegou o noso guía, Sergio.
Falounos sobre que Exipto tiña moitos deuses, os primeiros foron catro, dous homes e dúas mulleres, un dos homes era o deus da néboa e tiña envexa do outro, matouno e cortouno en catorce anacos. Cando o fillo do finado deus creceu vingou ao seu pai condenando ao asasino a ser o deus do deserto que, para os exipcios, e como ser o deus da nada.
Tamén falounos dos tipos de “coroas”, unha do baixo Exipto, outra do alto Exipto, unha coas dúas anteriores como símbolo de Exipto unificado ou de poder absoluto e outra especie de coroa pero para a guerra que daba a casualidade de que había un retrato feito en pedra na exposición. Moitas coroas tiñan unha serpe diante. A maioría dos exipcios levaban perrucas e barbas falsas.
Explicounos que case ningún exipcio sabía escribir, e os poucos que sabían se chamaban escribas, os escribas foron recollidos de nenos e os ensinaron ao longo de moitos anos xa que o idioma exipcio ten miles de símbolos.Nun principio os escribas escribían en pedra, máis tarde en arxila húmida e por último en papiro.
Os exipcios ían pintados con adornos que podían ser de cunchas ou de ouro macizo. As mulleres ían maquilladas de branco e os homes de negro; tamén levaban os ollos pintados de cores como o verde, se cree que o maquillaxe de corpo e dos ollos á parte dunha cuestión de estética era para protexerse do sol. Á parte os exipcios botábanse perfumes que gardaban en garrafas, segundo a súa posición económica podían ser simples e sen pintar ou cheos de adornos e cores, unha garrafa podía conter desde grans ata xoias pasando por cervexa e lodo.

Despois falounos das momias; resulta que o primeiro que se saca son os órganos como o cerebro (que se saca polo nariz) ou outros como os pulmóns e o corazón xa que é o primeiro que se podre.Os órganos vitais póñense ao lado do sarcófago nunha especie de cuncos. Despois o corpo envólvese nunhas vendas e pónselle unha máscara cun retrato do morto, a máscara pode ser de lodo ou de ouro. O sarcófago ten moitas inscricións e moitos debuxos de amuletos como o escarabello, o sarcófago ten un retrato do morto e o seu nome, normalmente os faraóns se enterran coas súas posesións máis prezadas, porque crese que nalgún momento volverá á vida.
Sobre Mesopotamia non falou pero ao final o vimos pola nosa conta. Na parede había como un cartel pero de pedra que dicía que Mesopotamia se encontraba entre dous ríos: O Tigris e o Éufrates. O monumento máis representativo de ese reino é o Zigurat parecido a Torre de Babel, compoñíase por unha serie de plantas cada unha máis pequena ca anterior é unha enorme escalinata pola que chegar a cima do edificio. 



 

You May Also Like

0 comentarios


---