Unha paisaxe urbana no peitoril

por - 25.3.12


Por fin está rematado o gran mural que adorna o peitoril da escaleira no hall do segundo andar, tras un longo proceso de realización, como vedes nas fotos.

Representa unha paisaxe urbana inspirada nunha obra de Mª Antonia Dans, aínda que dado o alongado do formato do zócalo a decorar, as pintoras completaron os laterais con imaxes propias.

O equipo de traballo estivo formado polas alumnas de 2º B (Bach. artístico) Ana Cotelo, Isabel Veiga, María García, Natalia Romero e Sonia Alonso, coa sabia dirección de Ana Pita.

You May Also Like

0 comentarios


---