O alumnado de 1º da ESO visitou o día 5 de Abril o Museo de Belas Artes de A Coruña. Unha alumna, Marina, danos a súa visión:
VISITA
AO MUSEO DE BELAS ARTES
O venres 5 de Abril
fomos ao museo de Belas Artes.
O primeiro que
vimos foi o cadro da Virxe da Leite. O cadro representa a unha muller
que estaba dándolle de mamar a Xesús. O neno Xesús estaba debuxado
con cara de neno e corpo de home, para demostrar á xente que era un
ser divino. A xente, daquela, non sabía nin ler nin escribir, por
iso os pintores pintaban tantos cadros, para que a xente analfabeta
pódese “ler” os libros, ou mesmo a biblia.
Tamén nos
explicaron que había veces que o cadro viña en moi mal estado ao
museo; entón uns especialistas o repasaban e pintaban as partes en
branco. Nalgúns cadros pódese apreciar a man do especialista, so
dende moi cerca, porque son unhas liñas moi finas e un pouco máis
claras ou escuras que o resto do cadro. Nesa mesma sala tamén había
unhas moedas romanas e musulmáns, e unha estatuilla da deusa Minerva
(Minerva para os romanos e Atenea para os gregos)
Na seguinte sala
vimos algúns cadros mitolóxicos, como o de dédalo e Ícaro ou o de
Hércules montado no seu carro de cabalos. No de Dédalo e Ícaro
aparecían representados dous homes, os dous cunhas ás de madeira,
plumas e arcilla. Un tiña as ás enteiras (Dédalo) e outro tiña as
súas rotas (Ícaro). –están representados na escena na que Ícaro
cae ao mar por voar demasiado alto, de xeito que a súa arcilla
fundiuse a as súas ás destruíronse. Deixándoo caer ao baleiro. O
outro cadro mitolóxico que vimos foi o de Hércules, no que aparecía
representado no carro, vestido coa súa capa de león.
Nesa mesma sala
vimos un cadro que parecía predicir o futuro. Aparecía un cabaleiro
cunha señora xogando ás cartas, outro cabaleiro xogando só, e un
vello que parecía ser o que puña os cartos, cunha muller. Se
distinguía que o primeiro grupo ía perdendo porque non tiña moedas
e se apreciaba o futuro porque os dous cabaleiros levaban espada, e
como un ía perdendo, probablemente atacaría ao outro por perder e e
quedar en ridículo, e case seguro habería unha loita.
No piso de enriba
vimos un cadro que enganaba bastante. Nel estaba representado un home
con dous toros detrás, e que vestían unha longa bata. O cadro, pola
luz, facía pensar que era pleno verán, pero como o home levaba
roupa de inverno, se entendía que era inverno e non verán. O cadro,
aparte de enganar pola luz, tamén enganaba pola maneira da que
estaba representado, pois de cerca o home era un borrón, e os toros
unhas manchas marróns que ían detrás, pero desde lonxe parecía
que o pelaxes dos animais estaba pintado pelo a pelo, e todo parecía
estar moi ben perfilado.
Nesa mesma sal
tamén vimos unha estatuilla dunha nena galega que sostiña uns
xarróns cheos de flores para ofrecerllos a alguén. Como tiña
roupas de campesiña e levaba zocos, entendíase que era unha nena
pobre.
Noutra sala vimos
tres cadros de tres raíñas que eran parentes (sogras e noras) pero
que non se parecían en nada e levaban uns vestidos moi distintos.
Logo, Nuria (a monitora que nos fixo a visita guiada por todo o
museo) contounos un pouco a súa vida.
Para rematar,
fixemos un mural no que pegamos debuxos abstractos creados por nós.
Quedounos moi bonito.
Marina Dans
Fernández
1º ESO B
8 – 4 - 2013
0 comentarios