No Museo Militar

por - 22.4.13


Os alumnos de 2º da ESO do IES Adormideras visitaron recentemente o Museo Militar de A Coruña. Esta é a visión de dous dos alumnos participantes, María e Alejandro:

     ~MUSEO MILITAR HISTÓRICO DA CORUÑA~

O luns 8 de Abril fomos de visita ao Museo Militar acompañados polos profesores Laureano e Nati.
Alí explicáronnos moitas cousas, como a Guerra da Independencia española. O mecanismo dun reloxo vello e os obxectos para medir que usaban antiguamente chamáronnos moito a atención. Tamén vimos as diferentes bandeiras que tivo España dependendo dos reis e reinos que tivera, e os canóns musicais de bronce nos que ao dispararse soaba unha nota musical. Observamos esculturas do progreso da Torre de Hércules e maquetas dos tres barcos nos que Cristovo Colón viaxou a América, La Niña, La Pinta e La Santa María. E o que máis nos asombrou foi a máquina enigma usada polas forzas militares alemanas que permitía usarla tanto para cifrar como para descifrar mensaxes.
María Fernández López
2º ESO
 
Visita ao Museo Militar da Coruña
O pasado Luns día 8 de abril o alumnado de 2º da ESO fomos de excursión ao Museo Militar de A Coruña. Saímos as 9:30 aproximadamente do instituto e fomos camiñando polo paseo marítimo ata o museo que está situado no solar do antigo Convento de San Francisco. O actual edificio formado pola parte vella (que data do ano 1.940) e a nova (construída no 1.992) atópase na Plaza de Carlos I preto do hospital militar. Nesta visita ao Museo Militar da Coruña vimos importantes obxectos dos séculos XVIII, XIX y XX: coleccións de armas, uniformes, maquetas, condecoracións, cascos e bandeiras antiquísimas, e entre elas, poidemos observar grandes pezas como a máquina enigma, o reloxo do Pazo Capitanía Xeral, canóns e bustos.
Tamén vimos pinturas de María Pita, do rei... e cerámicas pertencentes a os séculos XVIII y XIX.
Persoalmente o que máis me gustou foron as coleccións de armas e os canóns.
 
Alejandro Saavedra Mejuto  2 ESO A

You May Also Like

0 comentarios


---