Exposición Fin de Curso 2012 – 2013

por - 5.7.13


 
https://picasaweb.google.com/114738382204055508759/ExposicionTraballosFinDeCurso201213?noredirect=1
Os alumnos de 2º de Bacharelato de Artes quixeron despedirse do Instituto deixando unha mostra dos seus traballos realizados ao longo do curso, na asignatura de Debuxo Artístico.

Con eles demostran que o seu esforzo transformárono na capacidade de comunicar por medio da imaxe gráfico – plástica, así como a posibilidade de crear e de emocionar.

As súas composicións despertaron o interese no espectador, ben polas sensacións que transmiten co tema elixido e a técnica empregada, ou pola orixinalidade do material, ou pola disciplina aplicada na representación da realidade, engadindo sempre o selo persoal que nos deixa a pegada de todos e de cada un deles.

You May Also Like

0 comentarios


---