Gañaron este curso un merecido retiro catro profesores de longa traxectoria no IES Adormideras.
Tamén marchou en setembro Angel Damil, a quen todos coñecemos como Pol. Foise con discreción, como era el no seu traballo, onde gañou o agarimo dos seus alumnos coa súa pacente labor. Seguro que agora ten máis tempo para as súas afeccións, coma a música e o teatro. Que as disfrute.
De Ana Otero o que sorrían máis eran os seus ollos. As veces tentaba parecer seria, pero o cariño da súa mirada a traizoaba. Sempre tivo tempo para axudar aos seus alumnos e aos compañeiros que o pediran. Foise en Nadal á súa casa. Agora poderá adicar ese tempo máis para sí e os seus: que sexa noraboa.O dito, colegas: moita sorte nesta nova etapa que comezades e ata que querades dar unha volta por aquí, o IES Adormideras, que sempre será a vosa casa.

0 comentarios