Aí temos a nosa DJ Árbore de Nadal, pinchando na "Sala Adormideras"a súa sinfonía de brillos e reflexos . Está composta por múltiples cedés, que un día fóron música, datos, textos ou películas e agora se reciclaron en follas do noso abeto.
O proxecto é cousa de Mª Luisa, coa colaboración de Laura Molina. Por suposto, sen Laura Paz e Fernando sería imposible de levar a cabo.Tamén houbo moitos alumnos que botaron unha man e gracias, por último, a todos os que aportaron os seus vellos cedés.
Bo Nadal e feliz aninovo para todos.

0 comentarios