FESTA DE NADAL DECEMBRO 2013

por - 29.12.13

https://picasaweb.google.com/114738382204055508759/FESTANADAL2013#
O venres, 20 de decembro despedímonos do trimestre coa nosa tradicional festa de Nadal.
Tivemos como presentador e condutor do evento ao alumno Carlos Ucha, que cumpriu sobradamente o seu cometido con gran simpatía e desenvoltura.
Cantamos as panxoliñas arredor da árbore, nos distintos idiomas que se imparten no centro e dirixidos polos profesores correspondentes. O punto de orixinalidade puxémolo cun par de cancións en xaponés que tivo a amabilidade de transcribir e ensaiar o ex-alumno Ignacio Pérez, que estuda 5º de xaponés na Escola de Idiomas.
Despois disto, desenroláronse de maneira simultánea dúas actividades:
Unha delas no patio que consistía nunha competición de Jugger, deporte descoñecido para moitos de nós, pero que practican e tratan de difundir algúns dos nosos alumnos.
Participaron: Enrique do Porto, Alejandro Toral, Andrés Soria e David del Río.
E no Salón de Actos tivemos este ano actuacións de gran nivel:
Clara Rey e Marina Dans interpretaron “Cups”. Deliciosas voces, acompañadas exclusivamente polo son e o destro movemento duns vasos de plástico e das súas palmadas e golpes na mesa.
Jacob Eiriksson ao violín, interpretou “Ensoñación” de Massenet.
Marta Tombo ao piano, “Nocturno” de Chopin e “Cádiz” de Albéniz.
Estes dous alumnos fixeron unha interpretación maxistral, que fixo que todos estivésemos coa respiración contida, escoitando e gozando.
Despois disto, catro alumnos con voces privilexiadas cantaron para nós “Wonderwall” de Oasis e unha panxoliña de María Carey. Estes foron: Inés García, Sergio Martín, Ainhoa Castro e Santiago Caramés, que tamén tocou a guitarra.
E por último o profesor Juan José Peña ao piano quixo que participásemos todos acompañándoo con palmadas nas dúas improvisacións de Jazz que tocou estupendamente e con moito ritmo e axilidade.
Así nos despedimos do Instituto, ben dispostos para abordar as desexadas vacacións.

You May Also Like

0 comentarios


---