A Esmorga no cine

por - 28.11.14

O venres 21 de novembro estreouse a película galega " A  Esmorga" do director Domingo Villar, baseada na novela co mesmo título de Blanco Amor.
Os alumnos de 1º de Bacharelato asistimos a unha video-conferencia no salón de actos co director e os actores o xoves 20. Tivemos a oportunidade de formularlles algunhas preguntas sobre como solventaron o tempo (hai que lembrar que na obra chove constantemente) ou sobre cuestións lingüísticas, xa que o libro ten as características dialectais do galego ourensá. Igualmente escoitamos e vimos a outros centros que tamén estaban interesados neste filme. 
Desde aquí aproveitamos a  ocasión para animarvos a acudir ao cine nesta fin de semana chuviosa e ver unha peli rodada en Galicia e en galego.

You May Also Like

0 comentarios


---