O luns 13 de marzo veu ao noso centro de Adormideras o escritor Héctor Cajaraville a falarnos sobre o proceso de creación do seu libro A caixiña dos rancores , libro que xa tiñamos lido.
O escritor comezou falando da súa vida : desde xove quixo estudar xornalismo e escribir noticias como facía na revista do seu instituto. Pronto empezou a combinar esta faceta coa literatura.
Ao principio dirixíase a un público adulto pero posteriormente a súa obra enfocouna a un público xuvenil.
Contounos com creou distintos personaxes tomando como referencia persoas do seu entorno, atendeu ás nosas preguntas amablemente, e asinounos os exemplares da obra. Dámoslle as grazas e agardámolo noutra ocasión.
Helena Patricia Da Cunha
0 comentarios