Como xa comentamos anteriormente,
os alumnos de Adormideras Alejandro Saavedra Mejuto e Martín Otero
Lema, de 2º de bacharelato acudiron á Olimpíada Española de Física que
se celebrou en Girona a principios de abril.
Nesa convocatoria, Martín obtivo unha medalla de prata, o que é un gran éxito, tal como recolle La Voz de Galicia. Noraboa, para eles e para o seu profesor, Antonio García Bastida, que os apoiou neste reto.
0 comentarios