Charla de Seguridade Vial

por - 23.4.18

O pasado marzo tivo lugar no Salón de Actos do centro unha charla sobre seguridade vial organizada pola profesora Isabel Aller.

O obxectivo da charla consistiu en informar sobre a convocatoria da 6.ª edición dos Premios Nacionales de Cortometrajes de Educación Vial, organizados polo Real Automóvil Club de España (RACE) e Goodyear, no que van participar alumnos de 3º da ESO e 1º de BAC.

Os participantes teñen que crear unha curtametraxe de entre 30 segundos e 1 minuto de duración, con situacións que los alumnos vivan de camiño á escola, no que se transmita unha mensaxe clara e concisa sobre un comportamento vial cívico e seguro, sexa como peatón, ciclista, pasaxeiro do transporte escolar, público, ou de vehículo privado.
Podes ver máis imaxes neste enlace.


You May Also Like

0 comentarios


---