A principio de curso os alumnos de 4º ESO tivemos a oportunidade de asistir á representación teatral "Bicos con lingua".
É un espéctaculo que nace dun forte sentimento de amor hacia algo tan propio como é a nosa lingua. É unha comedia teatral limpa, sinxela, atractiva, con moito traballo por parte dos intérpretes. Esta dirixida a todos os públicos. Tamén hai escenas nas que se representan situacións da vida cotiá nas que se emprega o galego. Temos a sensación de que os actores o pasan ben actuando. Hai moito dinamismo, e o tempo da obra pásanos moi rápido debido a que é moi divertida e entretida. Así, pretenden que esta montaxe supoña para os espectadores unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece nunha inmensa riqueza. Había tempo que non disfrutaba tanto vendo unha representación na nosa lingua.
Luis Rey
Míguez, 4º ESO
0 comentarios