O alumnado de 1º de bach. fomos ao centro Agora a unha charla da autora do libro Os nenos da varíola María Solar. Esta autora xunto con dúas investigadoras do CSIC ( do Centro Superior de InvestigaciónsCientíficas) comentaron, entre outras cuestións, a importancia da expedición científica realizada polo doutor Balmis para expandir a vacina da varíola no século XIX.
Mª Solar baseouse neste feito histórico , o da expedición que partiu da Coruña con 22 rapaces recollidos nos hospicios de Santiago e desta cidade para realizar unha fabulosa novela , entretida e didáctica sobre a importancia deste feito.
Hoxe en día esta enfermidade segundo nos contaron xa está erradicada, pero foi esta expedición de vacinación o xerme da superación desta enfermidade mortal e das secuelas que conlevaba ( cegueira, malformacións....)

Previamente a esta charla xa tiñamos lido o libro. Actividades así formativas son as que nos gustan
0 comentarios