Benvido, curso 2018/19

por - 21.9.18

Parece mentira, pero xa estamos aquí de novo. Como sempre, queremos dar a benvida ao centro a todos, especialmente aos alumnos e profesores que están con nós por primeira vez. Agardamos ter un curso estupendo!

Como sempre, o final de curso chéganos tan cargado de traballo e actividades, que non nos dá tempo de compartir todo no que andamos, así que nesta primeira tempada iremos amosándovos moitas desas actividades.

Pero hoxe queremos empezar con algo moi especial. Un vídeo grabado e editado na materia de Cultura Audiovisual de 2º de BAC con moitas colaboracións de alumnos e profesores, que amosa un pouco o día a día da vida no noso centro. Agradecemos a participación de todos os que o fixestes de xeito desinteresado, especialmente a do profesor, José Eulogio Rouco.

Agardamos que o desfrutedes!


You May Also Like

0 comentarios


---