Outro máis temos aquí a revista Mapoula. A súa presentación realizouse para todo o alumnado o luns 15 de xuño no salón de actos. Éxito total. O EDLG aproveitou para dar os diplomas dos distintos concursos que se foron realizando ao longo do curso: o concurso de cabazas, o da portada da revista, o de caligramas e o ex-libris.
Igualmente,coma en anos anteriores, fixemos unha pequena homenaxe ao persoeiro ao que se lle adica o Día das Letras Galega. Este ano polo tanto correspondeulle a Mª Vitoria Moreno. Os nenos de 2º de ESO leron uns fragmentos de Mar adiante e os de 1º teatralizaron uns poemas do libro Eu conto,ti cantas.
Para continuar coa festa cultural da revista dúas alumnas de 3º da ESO cantaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes " de Rosalía e os de 4º da ESO deleitáronnos cantando acompañados de guitarra e ukelele " Unha noite na eira do trigo " de Curros Enríquez.
O EDLG despídese ata o curso que vén.
Moita sorte a todos coas notas e un bo verán.
GRAZAS A TODOS OS DEPARTAMENTOS E A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR!!!!
0 comentarios