Como sempre, rematamos o curso pasado cos nosos alumnos de 2º de Bacharelato cun sabor doce e amargo á vez. Doce polos recordos dos anos pasados xuntos e a esperanza nos anos que virán e amargo pola pena de pechar un cliclo e ter que despedirse.
Intentamos celebralo coa maior alegría posible coa nosa festa de graduación, toda a comunidade educativa xuntos, alumnos, familias profesores e personal do centro. Maila que non puideron asistir todos os que nos gustarían, senón só os que collemos, que as prazas sempre son moi limitadas, lamentablemente.
La Voz de Galicia retratounos, como todos os anos, nesta imaxe. Podedes ver máis no album que enlazamos. E esta vez podemos desfrutar dos recordos da cerimonia de graduación grazas ao vídeo que comparte con nós o noso compañeiro Rafael Santiago:
0 comentarios