Onte os alumnos de Adormideras e os do instituto italiano Liceo Científico Mascheroni de Bérgamo, fomos recibidos polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, no Concello da Coruña. Acompañábannos a nosa directora Carmen Tembrás, a responsable do intercambio, Lucía Sáez, os profesores Roberto e Daria, así como as concellais de Xustiza Social, Silvia Cameán, e de Participación cidadá, Claudia Delso.
Aparece a noticia na prensa local en dous artigos en La Opinión e El Ideal Gallego.

0 comentarios