Antigos alumnos: Ramón Santos

por - 4.2.19

Hai uns días descubrimos con sorpresa ao abrir a prensa ao noso antigo alumno de hai xa moitos anos, Ramón Santos, dando un paso ao fronte na súa profesión arredor da costura e a moda. Como vedes no seguinte artigo de La Voz de Galicia, Ramón farase cargo a partir de agora dun dos negocios emblemáticos da nosa cidade, a mercería La Crisálida e lle dará unha nova vida.

Ramón adícase á costura e á moda, desde a confección á docencia e instalará no novo local o seu taller. Podedes seguir a súa actividade desde a súa páxina web. Moita sorte na nova etapa!



You May Also Like

0 comentarios


---