Hoxe estamos moi felices de dar a noraboa a nosa alumna Emma Núñez, que se atopa nestes momentos cursando 2º de BAC de Artes por proclamarse hai uns días en Aalborg (Dinamarca) campiona de Europa de karate. Emma formou parte do equipo español de kata femenino na categoría de cadete-júnior. Na actualidade compaxina os seus estudos co entreno no clube de Karate-do Carballo, o cal sabemos que non resulta nada doado e polo cal a felicitamos.
A medalla lograda por Emma supón un hito histórico para o karate galego ao ser a primeira obtida nunha competición destas características.
No vídeo que compartimos a continuación, podedes ver a final das españolas, no que derrotan ao equipo italiano. E nesta entrevista de La Voz de Galicia podedes saber un pouco máis sobre Emma.
1 comentarios
Muchas felicidades para Emma, me alegro mucho que su esfuerzo haya logrado su merecido premio...felicidades
ResponderEliminarJUAN (tu breve tutor de enero)