Exposición de debuxo e pintura

por - 23.2.19

Invitámosvos a todos a que visitedes a exposición situada dos nosos alumnos do Bacharelato de Artes, das materias de Debuxo Artístico II e Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica de 2º.

Poderedes ver os estupendos traballos que desenvolveron arredor de diversos temas propostos polas profesoras María e Montse nas súas clases, como os estudos de mans e pés, o traballo sobre os nosos medos, ilustración de textos escritos, versións de obras mestras...

Non deixedes pasar a ocasión e pasádevos pola sala de exposicións durante os recreos. E recordade que no mesmo espazo atoparedes tamén a exposición de pintura O Amor na Arte, da que vos falamos nesta entrada do Blog da Biblioteca, Adormilees. Desfrutádeas!







You May Also Like

0 comentarios


---