DISCIPULI LINGUAE LATINAE IN MUSEUM: Avete Amici!!

por - 4.4.19


O día 26 de febreiro os alumnos de 4ºESO B de latín fomos a unha excursión ao Museo de Belas Artes (orientada á mitoloxía).

Aparte de gozar das marabillosas pinturas e esculturas mandáronos resolver un enigma. O xogo consistía en ter que buscar os cadros que nos amosaban nuha foto nunha folla.

Cando o atopabamos, tiñamos que responder unhas preguntas e ensinalo a unha das rapazas que estaba connosco, ela dábanos unhas letras coas que poderíamos resolver o enigma.

Finalmente fixemos unha visita guiada polo museo na que nos falaron das pinturas que tivéramos que buscar.

Todos o pasamos xenial xa que aparte da visita, ao regreso divertímonos moito falando e rindo.




Marta González Rodríguez, 4ºB






You May Also Like

0 comentarios


---