Maquetando Mapoula

por - 28.5.19

Un dos proxectos que retomamos este ano e lle damos pulo é a maquetación da nosa revista Mapoula, que, como ben sabedes, é un proxecto que leva a cabo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Ao longo de todos os anos que revista se leva publicando no centro, a revista pasou por moitans mans. Grupos de alumnos de Informática e Tecnoloxía da Información e da Comunicación, e diversos profesores puxeron o seu traballo desinteresado, como Carmen Vecino, Andrés Lariño, Guadalupe, Teba Argiz... Recordade que podedes consultar os números antigos na nosa Biblioteca e neste enlace.

Este curso o Departamento de Artes Plásticas foi o encargado do deseño e maquetación da revista, cun equipo de alumnos e a profesora de Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica.

Por fin temos a revista rematada nas nosas mans e en breve poderemos desvelar o segredo da súa imaxe renovada.


You May Also Like

0 comentarios


---