Mariana da Silva, premio á Mellor Actriz

por - 12.6.19

Hoxe compartimos unha das noticias que máis nos gusta dar desde estas páxinas: os éxitos dunha das nosas ex-alumnas despois de saír do instituto.

Queremos felicitar neste caso a Mariana da Silva por acadar o premio á mellor actriz, na categoría de teatro non escolar nos Premios Buero de Teatro Xoven coa obra Unha noite de primavera sen sono.

Deixámosche pequeno vídeo que recolle a emoción do momento. E desexamos a Mariana moitos éxitos, que seguro que chegarán, porque a valentía sempre ten premio, neste apaixoante camiño que está emprendendo.



You May Also Like

0 comentarios


---