Atendendo ás demandas do noso alumnado expresadas a finais do curso pasado, para participar en actividades de protección medioambiental (enmarcadas no movemento internacional "Fridays for Future"), o martes 22 os dous grupos de 2º de ESO realizaron unha limpeza selectiva de especies vexetais invasoras na zona da Torre de Hércules.
A actividade estivo organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e impulsada pola nosa compañeira María Díaz Marzoa, á que podedes ver nas imaxes traballando co alumnado, que tamén estivo acompañado pola profesora de Educación Física, Pilar Castro e a Vicedirectora María Álvarez.
Grazas por coidar da nosa contorna!
Podedes ver máis imaxes aquí.
0 comentarios