O pasado venres os alumnos de Artes de 2º de BAC, acompañados por José Eulogio Rouco e Sonia Sueiro, viaxaron á cidade de Santiago de Compostela para asistir ao Festival Audacia de Artes e Emprendemento. Alí tiveron a oportunidade se asistir, entre outros, ás charlas co director de cine Oliver Laxe e co artista plástico Daniel Canogar e a animadora ("model maker") Sonia Iglesias.
Percorreron tamén o recinto do Gaiás, visitando os diferentes stands de emprendedores, showrooms e stands de distintas institucións, como podedes ver as imaxes que vos compartimos a continuación.
Hai 2 días
0 comentarios