Volvemos a Italia un ano máis da man das nosas compañeiras do Departamento de Xeografía e Historia, Lucía Sáez e Olaya Vidal, en colaboración co Equipo da Biblioteca. Unha representación de alumnado de distintos cursos de 1º de Bacharelato vivirá durante unha semana na cidade de Finale Ligure, asistirá a clases e terá a oportunidade de visitar as belezas históricas e paisaxísticas da rexión.
Alumnos e profesoras foron recibidos polo alcalde de Finale Ligure, Ugo Frascherellli, que lles deu a benvida, tal como recollen na prensa da localidade, e alabou a actividade como “Unha sinerxia importante entre Italia e España que axuda aos estudantes de ambos países a crecer tanto en términos culturais como personais. Un excelente intercambio cultural que halaga á nosa cidade”.
Iremos subindo todas as imaxes da viaxe a este album, desde onde as poderedes visualizar.
Moi boa viaxe a todos!
Hai 11 horas
0 comentarios