Hoxe compartimos con vós un proxecto que nos fai moita ilusión. Grazas ao empeño e o traballo da nosa compañeira María Díaz e á colaboración de moitos implicados, empezando polo equipo directivo do centro, alumnado e profesorado de distintos departamentos, unha zona do patio do instituto que estaba fóra de uso vaise convertir nun xardín para que o gocemos todos.
Arredor das pistas de deportes, contábamos cun espazo pechado duns 1600 m2 que non se atopaba acondicionado para o uso, debido á presenza de herbas altas e pedras e á ausencia de lugares onde sentarse.
O noso proxecto consiste en habilitar esta zona e contar cun lugar de esparcimento para o tempo de lecer, verde, cómodo e colorido. Nas distintas fases do proceso, iremos engadindo herbas e plantas sustentables e axeitadas ao entorno, mobiliario de exterior, decoraremos os muros que nos separan do recinto exterior.
O ano 2019 contamos cunha subvención de Voz Natura para comezar co proxecto e arrincamos coa primeira fase.
Iremos compartindo o desenvolvimento deste proxecto en sucesivas entradas do blog e tamén lle adicaremos un espazo na nosa web.
0 comentarios