Nestes momentos, o equipo directivo, conserxes, persoal administrativo e de limpeza e gran parte do profesorado atopámonos traballando arreo para por en práctica as novas condicións para situar ao alumnado recollidas nas citadas instrucións, que garantirán a máxima seguridade posible ante a COVID 19.
Estamos tamén facendo todo o posible para respectar o horario escolar que tiñamos ata agora, intentando evitar cambios indesexados e molestias ao noso alumnado e ás familias.
Ademáis da creación de protocolos, sinalización, limpeza e reorganización de todas as aulas do centro, estámonos vendo obrigados a facer obras de adaptación dos nosos espazos, literalmente dun día para outro, como podedes ver nas imaxes que vos amosamos a continuación, nas que eliminamos armarios de obra para poder ampliar a capacidade das aulas.
0 comentarios