Mensaxe de tranquilidade

por - 16.9.20

O Equipo Directivo quere facer chegar a toda a comunidade educativa do noso IES, sobre todo ao alumnado e ás familias, unha mensaxe de tranquilidade neste inicio de curso tan convulso. Como todos saberemos xa, o comezo do curso desprazouse aos días 23, 24 e 25 de setembro seguindo instrucións da Consellería.

Mentres seguimos agardando as dotacións de persoal que necesitamos, temos agora un tempo adicional para preparar mellor a organización do novo curso na confianza de ofrecer ao noso alumnado as mellores condicións nesta situación tan excepcional. Estamos a pór todo o noso esforzo para conseguir un inicio de curso seguro e axeitado. 

Por outra banda, agradecemos as mostras de apoio e mensaxes de ánimo recibidas nestes últimos días.

Aula para grupos pequenos

Aula para grupos medianos/grandes

Aula para grupos medianos/grandes

Novo camiño de saída polo xardín

Novo camiño de saída polo xardín

Novo camiño de saída polo xardín

Labores de traslado de materiais

Laura e Fernando traballando para que todo estea a punto

Obras






You May Also Like

0 comentarios


---