O noso novo xardín segue vento en popa. As plantas e árbores que plantamos antes do verán siguen crecendo e próximamente se lles unirán algunhas máis. Durante o período de preparación do curso no que adaptamos os espazos para cumprir co protocolo COVID, construímos unha senda para poder usalo tamén como saída alternativa.
Recordemos que este proxecto comezou o curso pasado grazas ao empeño da nosa compañeira María Díaz e un equipo de profesores colaboradores: Ángeles Conde, Marina, María Álvarez, Lili, Jose... O curso pasado contamos coa colaboración de Voz Natura e este curso xa nos informaron de que volvemos a estar entre os proxectos seleccionados para traballar con eles.
0 comentarios