O pasado venres 11 de decembro o noso alumnado de Educación Física de 3º ESO A participou na masterclass virtual co atleta galego subcampión olímpico e 5 veces campión do mundo de triatlón, Javier Gómez Noya, patrocinada por Tenreira Galega, para falar de saúde, deporte e alimentación. A actividade ía ter lugar de xeito presencial o curso pasado e se trasladou a este curso.
As preguntas do noso alumnado podedes velas nos minutos 22:50, 31:20, 43:50 e 49:00.
0 comentarios