A DESPEDIDA DO MEU AMIGO
Era un día nubrado...A néboa ocupaba toda a rúa e as luces estaban apagadas na noite escura. Tras baixar do autobús, seguín camiñando pola rúa adiante para ver o meu amigo. El enviárame unha carta dicindo que nos viamos na xoguetería. Despois de camiñar un tempo encontrei a xoguetería. A porta estaba curiosamente aberta así que entrei.
A xoguetería estaba chea de bonecas e moitos xoguetes antigos. Parecía que había anos que non se pasaba por alí. Enriba dunha boneca atopei unha nota. Nela poñía: "Non todo é o que parece". Un arrepío percorreu o meu corpo. Xusto nese intre as bonecas empezaron a rir e a rodearme. Intentei fuxir pero, a porta pechouse. Ao fondo da estancia pareceume ver a pantasma do meu amigo saudándome e rindo.
Espertei co corazón a mil, ao parecer, soñeino pero, unha boneca estaba ao meu lado.....
PABLO PÉREZ RODRÍGUEZ, 3º ESO A
---
CANDO ESCRIBO RELATOS DE TERROR
Cando escribo relatos de terror sempre me gusta que traten sobre feitos reais... Teño que lembrarme de escribir un sobre a miña irmanciña cando remate de limpar todo este sangue.
XOANA RUBALCABA HERRERO, 1º BACHARELATO
0 comentarios