Graduación 2º Bacharelato 2021

por - 22.6.21



Este curso a graduación do noso alumnado de 2º de Bacharelato por fin se puido celebrar de xeito presencial, malia que sin a asistencia das familias e gardando as normas sanitarias e de prevención ainda en vigor. Afortunadamente, contamos con un xardín fantástico, que nos permitiu organizar unha pequena festa e despedir aos nosos queridos alumnos e alumnas e desexarlles o mellor para o futuro que empezan.

Compartimos desde aquí un vídeo do profesor de Cultura Audiovisual, José Eulogio Rouco, así como fotografías, entre as que destacamos as da nosa alumna graduada con matrícula de honra, Violeta González Otero, que viviu a súa cerimonia de graduación desde o outro lado do obxectivo.

Ata sempre, promoción 2019-21!

You May Also Like

0 comentarios


---