Instalación 1º BAC B

por - 23.6.21

O alumnado de Volume de 1º de BAC B, moi concienciado co despilfarro de papel no transporte público, no que se entrega un ticket a cada pasaxeiro, quixo manifestar a súa protesta a través dunha instalación artística. Barquiños de papel feitos cos billetes do bus enchen todos os rincóns da aula e nos fan reflexionar sobre eses pequenos xestos aos que ás veces non lles damos importancia pero que teñen moita á hora de coidar o planeta.

Parabéns pola vosa creatividade ao servizo das causas sociais!








You May Also Like

0 comentarios


---