Ana Inés Jabares Pita

por - 7.11.13





ana-ines-jabares-pita

Esta exalumna do bacharelato artístico do IES Adormideras é finalista do Linbury Prize de escenografía, o galardón  máis prestixioso do Reino Unido.

Este premio está dirixido a novos talentos para promover o seu traballo con compañías de teatro, ópera e danza.

Ana Inés continuou os seus estudos na facultade de Belas Artes en Sevilla, e na Accademia di Belle Arti di Palermo.  Neste momento acaba de cursar un máster na Royal Central School of Speech & Drama de Londres.

A partir do 18 de decembro poderase ver a súa montaxe no National Theatre de Londres.

Moita sorte e moitos éxitos, Ana Inés!!!

La Voz de Galicia 

You May Also Like

1 comentarios


---